A rapazada de Vimianzo despedirá o ano cunha particular festa

1 minutes read
  • A partir das 12:00 horas o auditorio da vila acollerá obradoiros de Nadal e un conto participativo

Hai unha festa de fin de ano na Costa da Morte que si se vai a celebrar este 31 de decembro, aínda que non ten nada que ver co sector da hostalería ou ocio nocturno. Trátase da festa infantil que se celebrará en Vimianzo para despedir este ano e que comezará a partir das 12:00 horas. O auditorio municipal acollerá varios obradoiros de adornos de Nadal e tamén o conto participativo ‘Mariné e o Xastre de Magalofes’, de Teatro Calavera, que ademais conta con animación musical.

As entradas serán de balde e ata completar aforo. Poderán recollerse unha hora antes do inicio da programación na billeteira.

Por outra banda, o 2 de xaneiro o Mago Richard tamén visitará o auditorio con ‘Conto de Nadal’. Será ás 18 horas.