A Real Academia Española celebrará un pleno en Galicia no ano 2021

1 minutes read

A RAE aceptou a invitación do presidente da Xunta para a realización dun pleno en Galicia no ano 2021. Foi tras a reunión do padroado da Fundación pro-RAE celebrada en Madrid e presidida pola S.M. o Rei Felipe VI no Palacio Real de El Pardo. Alí tamén estiveron presentes a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; os presidentes autonómicos de Andalucía, A Rioxa, Aragón, Estremadura, Madrid e Castela e León; así como o presidente da Fundación pro-RAE e gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos, e o vicepresidente da Fundación e director da RAE, Santiago Muñoz Machado, entre outros asistentes.