A rede de Polos de emprendemento cubrirá o cen por cen do territorio galego

1 minutes read

Os Polos están a amosarse como unha ferramenta moi útil dentro dunha planificación global a prol do emprego: a Estratexia Xempre Contigo, que ten como obxectivo crear emprego de calidade, impulsar o emprendemento e mellorar as capacitacións das persoas. A posta en marcha desta iniciativa implicou un cambio profundo nas oficinas do servizo público de emprego para casar mellor a oferta e a demanda. O Goberno galego puxo en marcha, ademais, a Estratexia Galicia Retorna para favorecer o regreso dos galegos no exterior e ofrecerlles unha oportunidade laboral e un proxecto de vida aos descendentes dos que un día tiveron que emigrar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que a rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego que fomenta o Goberno galego cubrirá o cen por cen do territorio para apoiar a creación de emprego e de novas iniciativas laborais. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?