A residencia de Boimorto disporá de 14 prazas máis

1 minutes read

A Deputación da Coruña achega 83.320,47 euros para esta actuación, o que supón o 13,79% do orzamento total do proxecto, que ascende a 604.150,59 euros. A ampliación permitirá incrementar a capacidade do centro de 40 a 54 prazas de residencia, ás que se suman as 20 prazas existentes no centro de día. As obras inclúen a construción de cinco dormitorios dobres e catro simples —un deles destinado a enfermería—, todos con baño independente, ademais de dous aseos públicos, un aseo para o persoal, un oficio limpo e outro sucio, así como a instalación do sistema de calefacción e de auga quente sanitaria.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este luns o Concello de Boimorto xunto á alcaldesa, María Jesús Novo, e á deputada de Política Social, Mar García Vidal, para supervisar o avance destas obras de ampliación da residencia de maiores da localidade.