Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

1 minutes read

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron na tarde deste venres do mar o corpo dunha persoa. Pouco antes das sete e media, un particular alertou de que había unha persoa en apuros na auga, na zona da caracola, preto da Torre de Hércules.

Ata o lugar desprazáronse o helicóptero Helimer 402, unha embarcación da Garda Civil e o  equipo acuático do Parque de Bombeiros da Coruña, que enviaron unha dotación ao punto con embarcación. Precisamente, foi este equipo quen sacou a persoa da auga e a conduciu ata o peirao de Oza en parada cardiorrespiratoria.

Ao mesmo tempo, comezaron a practicar a reanimación para tratar de salvarlle a vida os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia levarono en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde faleceu pouco despois.

Igualmente, foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo ao mesmo peirao así como axentes da Policía Local e Nacional.