A Ruta Cicloturista Costa Atlántica unirá Tui con Fisterra

1 minutes read

O Mirador das Lourenzas na Guarda foi o lugar escollido este ano para celebrar o Día Mundial do Turismo, centrado na innovación e os investimentos verdes. É por iso que o director de Turismo de Galicia, acompañado de representantes do sector turístico e concellos do Baixo Miño se desplazaron ata o lugar para anunciar a próxima sinalización da Ruta Cicloturista Costa Atlántica Eurovelo V1, que unirá Tui con Fisterra co obxectivo de seguir facilitando infraestruturas verdes e sostibles, no marco do impulso ao cicloturismo e a un turismo sostible. Cun investimento previsto de 1,4M€, a sinalización desta ruta permitirá garantir unha mellor convivencia entre cicluturistas, peregrinos e veciñanza, xa que o seu trazado coincide en boa medida co Camiño Portugués.

Coa sinalización da Ruta Costa Atlántica V1 entre Tui e Fisterra, Galicia será un dos poucos territorios nacionais cun dúas rutas cicloturistas internacionais señalizadas: a que percorre toda o litoral atlántico europeo durante máis de 2.000 quilómetros e a V3 ou Ruta dos Peregrinos, que trascorre en moitos países seguindo o trazado do Camiño de Santiago. Ambas rutas confluirán en Fisterra, pechando así un proxecto de sinalización das rutas cicloturistas en Galicia, nas que coincidirán peregrinos e ciclistas, en máis de 565 quilómetros.

A Rede Eurovelo é unha rede que atravesa 42 países ao longo de máis de 90.000 quilómetros por toda Europa e que é empregada tanto por cicloturistas como polos habitantes locais que realizan os seus traxectos diarios. O seu impulso encaixa cos obxectivos de mobilidade sostible e verde da Axenda 2030, ademáis de que, ano a ano, se incrementa o número de peregrinos que fan o Camiño en bicicleta, ademáis dos que empregan este medio como transporte ou no ámbito deportivo.