A ruta de danza contemporánea Escora chegará este venres a Ponteceso

1 minutes read

Este venres adícase á danza en Ponteceso, haberá actividades dende ás 10:30 horas cun obradoiro de danza na Escola Municipal de Danza de Ponteceso dirixida ás persoas adultas que desexen participar. Este obradoiro será impartido por Ana Beatriz Pérez e Armando Marten.

Pola tarde será o turno un obradoiro «Camiños de Volta», unha danza en familia, con Nuria Sotelo e que se impartirá en dúas quendas, a primeira ás 16.00 horas e a segunda ás 17.00 horas.

Ás 19:30 horas a danza trasládase á Praza do Recheo coas obras «Minguantes» de La Guajira e «Camiños que parten» de Nuria Sotelo.

Escora é unha proposta de danza na Costa da Morte, e este ano o Concello de Ponteceso súmase a esta iniciativa.

Tódalas actividades son de balde e sen previa inscrición. Para máis información poden chamar ao 630907124.