Os tres saltaron á auga desde a súa embarcación a piques de afundir. Despois, foron recollidos por unha lancha que pasaba pola zona e trasladados ao peirao máis próximo. Aínda que se atopan en bo estado, acudiron ao centro de saúde para un recoñecemento médico.
Os feitos ocorreron arredor das 11:30 horas deste martes, cando a persoa que recolleu á tripulación da auga chamou ao 112 Galicia para informar do que acontecera. Segundo relatou, os ocupantes da embarcación sinistrada ían na súa lancha camiño de terra e estaban ben, pero o pesqueiro quedara á beira dunhas rochas a piques de ir ao fondo.
Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a colaboración de Salvamento Marítimo, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local e Garda Civil e Protección Civil de Cedeira.
 
  
 