A Sanidade pública galega galardoada nos Best in class 2023

2 minutes read

Trátase dunha iniciativa promovida pola publicación Gaceta Médica e a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rey Juan Carlos, celebrada en Valencia.

Na edición deste ano, a sanidade pública galega recibiu seis premios e unha mención de honra, sendo o Servizo Galego de Saúde unha das institucións que máis ganadores conseguiu. En concreto, os departamentos públicos galegos premiados foron, no apartado de mellor organización integrada en atención primaria, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. O premio foi recollido polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e Salnés, José Flores Arias, quen estivo acompañado por membros do seu equipo directivo e persoal sanitario da área que dirixe.

O mellor hospital de complexidade alta resultou elixido o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; cuxo galardón tamén recolleu o doutor José Flores Arias, xerente desta área sanitaria, na compaña de diversos membros do equipo directivo e persoal sanitario da mesma.

No apartado de mellor servizo de enfermidades infecciosas, o ganador foi o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, cuxo premio foi recollido polo xefe de servizo de Pediatría, Federico Martinón Torres.

A mellor unidade de dor foi elixida a do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, sendo recollido o premio por Aurora de la Iglesia López, coordinadora desta unidade.

O mellor servizo en Xinecoloxía e Obstetricia foi o do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, cuxo premio recolleu Belén López Viñas, xefa deste servizo.

O mellor servizo de Cardioloxía resultou elixido o do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O doutor José Ramón González Juanatey, xefe deste servizo, recolleu o galardón, quen estivo acompañado pola xerente desta área sanitaria, Eloína Núñez Masid.

A mención de honra ao mellor servizo de medicina intensiva/UCI foi para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O doutor Julián Álvarez Escudero, xefe do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación, foi o encargado da súa recollida, quen estivo acompañado pola xerente da área sanitaria, Eloína Núñez Masid.