A SD Fisterra debuta en Terceira trinta anos despois


Segunda xornada de competición en Terceira e debut por fin da SD Fisterra despois de que o choque da semana pasada ante o Polvorín quedara adiado. 

Os fisterráns iniciarán a liga en Ara Solis ante outro histórico da categoría como é o Viveiro. O adestrador fisterrán, Jaime Sánchez Fernández, campión de Europa co Real Madrid e ex xogador do Deportivo da Coruña entre outros, terá a tarefa de manter a categoría dun clube que bota andar este ano con máis de 600 socios. 

As gañas de fútbol de Terceira na Costa da Morte sin palpables. O primeiro dos adestramentos do equipo congregou a unhas 500 persoas. A realidade é que as restriccións actuais só permitirán a entrada de 150 na cancha local. 

A SD Fisterra organizou para a nova campaña unha plantilla con mestura de xuventude e veteranía, pero dende a directiva son conscientes de que a pelexa será difícil con rivais da talla do Bergantiños ou o Paiosaco.