A SD Sofán fai historia en Balaídos, pese perder a Supercopa Galicia ante o Portonovo

1 minutes read

Desde o principio do partido ambos os equipos quixeron ter o balón e xogar en campo contrario e tentaron darlle movemento ao encontro desde o asubío inicial ante a presenza duns mil afeccionados en Abanca Balaídos. Hugo Soto converteríase en protagonista no minuto 22 ao poñer en vantaxe ao Portonovo ao converter un tiro libre directo desde a frontal da área. O Sofán non se veu abaixo, Javi Souto metía en portería ao segundo pau un servizo desde a banda esquerda e desataba o delirio na bancada avermellada, 1-1. No minuto 39, apareceu novamente o killer, Hugo Soto, para anotar o 2-1 aproveitando un rexeite na área visitante. O Sofán negouse a baixar os brazos e na prórroga do primeiro tempo empataban grazas ao gol de Fita. O marcador era 2-2 ao descanso nunha espectacular final da Supercopa Galicia. Tras a continuación o cansazo físico e o desgaste empezaron a pasar factura a ambos os equipos e na recta final, cando todo parecía indicar que o partido se iría á prórroga, apareceu Dani Abalo para marcar o gol da vitoria para a Portonovo SD, 3-2. A bancada gozouno, os xogadores tamén.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?