A secretaría xeral para o Deporte xa traballa na canle de augas bravas no río Xallas


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha reunión de traballo con representantes do Concello de Dumbría e do Club de Piragüismo Dumbría de cara a explorar novas vías de colaboración. Nesta xuntanza, ambas partes avanzaron na posibilidade de levar a cabo unha canle de augas bravas no río Xallas para o que chegaron a un principio de acordo.

O mandatario galego reiterou o seu compromiso e expresou a súa satisfacción por poder dar continuidade ao traballo iniciado na tempada 2014-2015 cun achegamento previo para coñecer a realidade do terreo onde se prevé instalar a canle. “A canle de augas bravas no río Xallas leva tempo nas nosas previsións e parece que agora danse as circunstancias para poder acometela”, declarou.

No piragüismo en pista, Lete Lasa lembrou que Galicia conta con grandes deportistas en slalom como Ainhoa Lameiro ou Luis Fernández (subcampións mundiais en 2019) e que o Centro Galego de Tecnificación Deportiva conta con cinco deportistas de augas bravas.