A selección española de fútbol feminino gaña a Liga das Nacións

1 minutes read

A selección española feminina gañou a final da Liga das Nacións diante de Francia por un claro 2-0. Dominou o partido desde o principio ata o final e o resultado mesmo quedou curto para os merecementos do cadro dirixido por Montse Tomé. A pontevedresa Tere Abelleira, vítima dun problema muscular desde o 3 de febreiro, entrou na lista do partido pero non puido gozar de minutos. O control do partido de España foi total diante dunha Francia que se adicaba a defender e intentar sacar algunha contra. Froito da insistencia chegou o gol marcado pola considerada como mellor xogadora do mundo, Aitana Bonmatí. Ao pouco de comezar a segunda metade Mariona Caldentey marcou o 2-0 e deixou o partido sentenciado vista a nula resposta do equipo galo.