A selección española feminina de fútbol revalidou o título da UEFA Nations League

1 minutes read

Fixérono cunha inapelable vitoria ante Alemaña (3-0) no Estadio Metropolitano de Madrid cun dobrete de Claudia Pina e un tanto de Vicky López que certificaron o dominio do equipo dirixido por Sonia Bermúdez. Alemaña viuse arrinconada, sendo claramente superada por unha España rápida, valente e ambiciosa que sumou ata sete ocasiones de gol na primeira metade coas que puido adiantarse no marcador, pero co susto final da ocasión de Nicole Anyomi no desconto. A campioa do mundo logrou roubar o balón a Alemaña, mostrou intensidade para gañar os duelos e as segundas xogadas, e apelou á velocidade e a posesión para levantar o segundo título da UEFA Nations League e acabar un 2025 de ilusión onde lograron tamén o subcampeonato de Europa.