A semana comeza con mínimas baixo cero en moitos puntos da península


As previsións cumpríronse e a neve cubriu as zonas máis altas de Mallorca. Na serra da Tramuntana callou a partir dos 600 metros e acumuláronse espesores de ata 50 centímetros, o que ocasionou dificultades no tráfico. As temperaturas máis baixas deste domingo rexistráronse en Cap de Vaqueira, en Lleida, onde chegaron aos 14 graos baixo cero. En Serra Nevada os termómetros marcaron os menos once graos pero o frío non impediu que multitude de persoas se animaran a pasar o día na montaña ao aire libre. Domingo de nevadas tamén na Comunidade de Valencia. O norte da provincia de Alacant amenceu con alerta en nivel amarelo. As folerpas caeron a partir dos 500 metros. A semana comeza con temperaturas xélidas. Unhas 30 provincias dunha ducia de comunidades autónomas están en risco amarelo por fenómenos costeiros e temperaturas mínimas de menos nove graos.