A subministración de auga da Laracha sufrirá un corte na madrugada do mércores ao xoves

1 minutes read

Con motivo das obras de mellora da rede principal de distribución de auga que abastece ao núcleo urbano da Laracha e a outras entidades de poboación próximas á capital municipal, na madrugada do mércores 21 ao xoves 22 de xullo será preciso efectuar un corte no subministro entre as 00:00 e as 8:00 horas que afectará a:

  • Toda a vila da Laracha.
  • Parroquias de Torás e Vilaño ao completo.
  • Parroquia de Cabovilaño: soamente ata a glorieta de acceso á autoestrada AG-55, incluíndo a urbanización Monte Claro.

As obras foron programadas para realizarse en horario nocturno co propósito de minimizar os inconvenientes tanto nas vivendas como nos establecementos comerciais.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza ante as molestias que poidan ocasionar as obras, que son necesarias para continuar garantindo a maior calidade no subministro de auga.