A Tarxeta Millennium xa se pode adquirir xa nas oficinas do rexistro xeral de María Pita

0 minutes read

O rexistro xeral de María Pita volve dispensar tarxetas Millennium, logo de solucionar os problemas técnicos para realizar a tramitación dun servizo que tamén está operativo nas oficinas do Centro Ágora e na estación de autobuses.

A veciñanza pódese beneficiar coa tarxeta de descontos na utilización do transporte público e efectuar o pago do billete de autobús co moedeiro mediante o uso de lectores sen contactos.

Ademais, as súas vantaxes inclúen o acceso ás bibliotecas municipais como socios e socias e o alugueiro de bicicletas en bicicoruna.es.