A televisión galega súmase á emisión en HD


A Televisión de Galicia vai emitir en HD polas súas dúas canles. Deste xeito, converterase en “a única” televisión, segundo reivindica, con máis dunha canle en España que os emitirá todos en HD na TDT, aínda que tamén manterá a súa emisión en definición estándar, como ata agora.

Lembremos que todas as canles privadas de televisión en TDT a nivel autonómico foron un fracaso.

Pero á CRTVG débelle de ir ben a cousa, porque o cambio de tecnoloxía barato non é, e de dura posiblemente tampouco, co 4 K en auxe, o 8 K ou o sistema de gravación en RAW chamando á porta, non sei eu. A compañía informará á audiencia nos seus programas, redes sociais e páxina web sobre como sintonizar os seus televisores para poder gozar da HD.

Logo que ninguén se queixe que non hai diñeiro. Aínda quedan moitos lugares de sombra en TDT en Galicia, sen cobertura telefónica, sen luz nos postes, sen internet etc… Posiblemente mellor, sería priorizar.

Así, os espectadores que dispoñan de aparellos compatibles co HD recibirán un aviso no seu televisor, que detectará as novas canles. Nese momento poderase facer unha actualización da lista de cadeas — será diferente en función da marca do dispositivo– e logo poderanse reordenar e colocar a TVG HD onde estaba a anterior en definición estándar.

Agora nos televisores xa non hai neve como antes, sinón pantalla en negro. Iso si, o negro en HD seguirá sendo negro.