A tormenta Laura deixa 24 mortos en Haití e na República Dominicana

1 minutes read

A tormenta tropical Laura deixou ao seu paso por Haití máis de vinte mortos, segundo o último balance oficial, ao que habería que sumar os catro falecidos confirmados na veciña República Dominicana, que tamén sufriu os estragos do temporal de choiva e vento.

Os dous países esfórzanse por facer balance e recuperar as áreas máis afectadas. O presidente dominicano, Luís Abinader, percorreu algunhas zonas de parte sur do país para comprobar os danos e prometeu axuda aos damnificados, especialmente a quen perdeu a súa vivenda,

A peor parte, con todo, volveuna a levar Haití, onde a Dirección de Protección Civil puido confirmar un balance «parcial» de 20 falecidos, entre eles un bebé e un neno de oito anos. Ademais, hai cinco persoas desaparecidas, incluídos dous menores’. As autoridades haitianas estiman que centos de casas sufriron algún tipo de dano como consecuencia do temporal, que complicou tamén o tránsito nalgunhas zonas polas fortes precipitacións.