A tradicional Feira das Fabas de Ponteceso repartirá este sábado preto de 300 quilos deste produto

1 minutes read

O Concello de Ponteceso celebrará este sábado 29 de outubro a edición número XXX da Feira das Fabas. Nesta ocasión, a festa arrinca ás 11:00h empezará a I Feira Rural da Trabe. Un pouco despois, ás 11:30h exporanse na Memoria da Feira da Trabe as fotografías históricas e descoñecidas das primeiras vendedoras de fabas que houbo na feira.

Os asistentes poderán gozar ás 12:00h do espectáculo de Yosi Fervenza, un escultor que fai figuriñas de madeira. Despois, ás 12:30h o pasarrúas levará a música polas rúas de Ponteceso da man de Treboada Baixo Miño.

Promo do evento.

A mediodía, arredor das 13:30h abrirá a zona Gastro, que conta con bar, polbeira e churrasco. Ás 14:00h a humorista Eva Iglesias dará un pregón no que falará da importancia da muller no mundo rural e, ao remate, ás 14:30h, comezará a degustación das fabas.

Despois de comer, ás 15:30h será “A banda da Balbina” a encargada de amenizar a xornada e, pola tarde, ás 18:00h tocaralle de novo á Treboada Baixo Miño co seu pasarrúas.

A encargada de pechar a tan esperada Feira das Fabas será Verbena Galega, que porá o broche final coa súa música ás 21:00h.

Desde o Concello convidan a todos e todas a asistir a un evento tan importante para a vila no que a música e a gastronomía galegas son as protagonistas.