A UE plantexa adestrar a soldados ucraínos

1 minutes read

A Unión Europea está disposta a aumentar a súa participación na guerra que se libra en Ucraína. Os Vinte e sete están a estudar a posibilidade de adestrar aos soldados da ex república soviética nunha importante misión que tería lugar nos países veciños.  O xefe da diplomacia europea, Josep Borrell, explicou os motivos. «Parece razoable que unha guerra que dura e parece que vai durar requira un esforzo non só de subministración de material, senón tamén de adestramento e de axuda á organización do Exército. E isto é o que se está discutindo entre os estados membros e vaise a discutir politicamente a próxima semana, o vindeiro luns en Praga, no seo do Consello de Ministros de Defensa, e espero que se aprobe», concluíu.