30
Pequín viuse obrigada a dar explicacións tras as declaracións do embaixador chinés en Francia sobre a soberanía dos países da antiga Unión Soviética (URSS). O escándalo estalou a raíz dunha entrevista co embaixador, Lu Shaye, onde cuestionou o status dos Estados que declararon a súa independencia durante o colapso da URSS. China aclarou que respecta a soberanía e a integridade de todos os Estados membro da ONU. Os comentarios de Lu provocaron polémica nas redes sociais ata o punto de que o alto representante de Exteriores da UE, Josep Borrell, cualificar de «inaceptables» a través de Twitter. E máis tarde o presidente francés Emmanuel Macron uniuse á condena.