A UE ultima considerar enerxías verdes a nuclear e o gas

1 minutes read

A Comisión Europea (CE) propuxo que a enerxía nuclear e o gas natural teñan un papel crave na transición ecolóxica, considerando así sostibles os investimentos nos mesmos. «A Comisión considera que o gas natural e a enerxía nuclear teñen un papel que desempeñar para facilitar a transición cara a un futuro baseado predominantemente nas enerxías renovables», dixo a institución nun comunicado. Considerar como enerxías verdes a nuclear e o gas é unha das novidades do comezo de ano no ámbito comunitario e implicaría a inclusión no catálogo de enerxías verdes das centrais nucleares que reciban permiso de construción antes de 2045.