A Unesco recoñece á Ribeira Sacra como Reserva da Biosfera

Foto.- Xunta de Galicia.

Nunha sesión celebrada este mércores na cidade nixeriana de Abuja, tomou a palabra de forma telemática o secretario do Comité Español do Programa Home e Biosfera da Unesco, Francisco José Cantos Mengs, quen agradeceu a todos os membros do consello por aprobar esta nova reserva. A Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel é a segunda máis grande da comunidade, xa que abarca unha superficie total de 306.534,77 hectáreas que se estende polos canóns do Sil e polo Río Miño e destaca pola súa gran beleza natural e pola riqueza cultural e etnográfica que atesoura. Deste xeito, este territorio intégrase oficialmente na Rede Mundial de Reservas da Biosfera e súmase aos outros seis que contaban xa en Galicia con este recoñecemento: Terras do Miño; Área de Allariz; Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Burón; Transfronteiriza Gerês-Xurés e Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo.