A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores estará na Laracha o 15 de febreiro

0 minutes read

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores estará na Laracha o xoves 15 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000 (número de tarifación adicional).

O emprazamento da unidade móbil será no parque empresarial da Laracha, en concreto no aparcamento norte xunto á nave municipal (rúa D2).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?