Para iso a Comisión Europea presentou un novo plan baixo o nome REpowerEU. A comisaria europea de Enerxía, Kadri Simson, recoñece que non vai ser sinxelo. «É fácil desacreditar as ambicións de Europa de independizarse do gas ruso dicindo que é soño ou mesmo unha receita para ter prezos altos. Sabemos que desvincular a Europa do seu maior provedor de enerxía vai ser difícil, pero os beneficios económicos de acabar coa nosa dependencia serán moito maiores que o custo a curto prazo de RepowerEU», explicou a comisaria nunha rolda de prensa. Bruxelas incrementou o seu obxectivo de enerxías renovables dun 40% ata un 45% para 2030 e as placas solares son un dos seus elementos crave. Todos os edificios novos deberán instalalas. Primeiro será obrigatorio para os públicos e en 2029 estenderase a todos os edificios residenciais de nova construción. Ademais, buscará reducir a burocracia para os grandes proxectos de renovables como os parques eolicos mariños.
27