A Unión Sindical Obreira (USO) continúa reforzando a súa presenza territorial coa inauguración dunha nova sede no municipio de Carballo, destinada a achegar o sindicalismo libre e independente á comarca de Bergantiños e ofrecer un espazo de atención, asesoramento e acción sindical directa ás persoas traballadoras.
O novo local, situado na rúa Vázquez de Parga nº36, baixo, será un punto de referencia para todas aquelas persoas que precisen apoio sindical, xurídico ou, simplemente, un lugar onde organizar a defensa colectiva dos seus dereitos laborais. A cita inaugural será este xoves 3 de xullo ás 19:30 horas. O acto estará presidido por Joaquín Pérez Da Silva, Secretario Xeral Confederal da USO, Iván Blanco, Secretario de Organización Estatal da FTSP-USO e Sergio Fernández, Responsable da Xestora da USO Galicia. Ao evento asistirán representantes políticos autonómicos e municipais, do ámbito empresarial, así como responsables e delegados sindicais das distintas Federacións do sindicato, xunto con afiliadas e afiliados.
Desde a entidade afirman que a apertura desta nova sede responde ao firme compromiso da súa organización co fortalecemento da acción sindical no ámbito local.
51