A Universidade premia a Xose Manuel Beiras pola súa defensa do galego

1 minutes read

Xosé Manuel Beiras Torrado, histórico dirixente nacionalista, recibiu este mércores o premio Luís Porteiro Garea polo “seu labor activo a favor da lingua galega” como profesor e, posteriormente, como catedrático e decano, e confesouse un “privilexiado” ao poder usar o galego en todas as facetas da súa vida. A entrega do galardón tivo lugar en Santiago de Compostela, no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Beiras alertou sobre a situación actual e criticou que o galego estea a ser relegado ao rol de terceiro idioma do país, por detrás do inglés. Agradeceu o galardón impulsado polo seu “discípulo” e exdirixente do BNG, Xavier Vence, que tamén traballou a favor do idioma galego na universidade.