Así o anunciou este venres o ministro de Sanidade, Salvador Illa. O ministro explicou que semanalmente chegarán vacinas a España, nun «reparto cadencial», e que estas iranse distribuíndo de forma equitativa entre as comunidades autónomas, pero non precisou o número de doses do primeiro envío, «ata que haxa confirmación oficial». Deste xeito, as doses chegarán a todas as comunidades entre o sábado 26 e o domingo 27 e poderá comezarse a administración da vacina nos 13.000 puntos dos que dispón o sistema sanitario público para este fin. A priorización para a súa administración pon en primeiro lugar aos maiores das residencias e ao seu persoal. Illa considera que «a situación é preocupante» polo «cambio de tendencia» da evolución da pandemia no país, polo que insistiu en facer un chamamento á prudencia durante o Nadal.
42