- ‘Astrónomas’ é unha mostra que permanecerá no centro ata o 12 de novembro
A exposición ‘Astrónomas’, recentemente estreada no Pazo de Fonseca de Santiago, atópase desde hai uns días no instituto Maximino Romero de Lema (Zas). Ata o 12 de novembro, as persoas que desexen desfrutar desta mostra conmemorativa polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebrará o próximo 25 de novembro, poderán acudir ao centro en horario lectivo.
‘Astrónomas’ consta de dezaseis paneis explicativos centrados en mulleres e no seu papel no estudo do universo. Ademais, o seu obxectivo é fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral e, sobre todo, entre nenas e adolescentes. A mostra tamén conta cun espazo web onde se informa sobre 270 astrónomas.
Como complemento da exposición, a comisaria da mesma, a profesora Joseína F. Ling, visitará o centro escolar o próximo venres para impartir unha charla ao alumnado de 4º da ESO. Por outra banda, o Club de Ciencia desenvolverá numerosas actividades relacionadas coa mostra.