A volta ciclista ‘O Gran Camiño’ pasará este venres por Carballo

2 minutes read
  • O pelotón percorrerá a avenida de Fisterra, as rúas Alexandre Bóveda, Luis Calvo, Poñente, Fábrica e avenida de Malpica

A volta ciclista O Gran Camiño pasará este venres por Carballo, onde se disputará unha meta volante da etapa Costa da Morte: Bertamiráns-O Ézaro. O paso do pelotón pola vila bergantiñá está previsto de 12:23 a 12:38 horas co seguinte percorrido: avenida de Fisterra, rúas Alexandre Bóveda, Luis Calvo (onde estará situada a meta volante), Poñente, Fábrica e avenida de Malpica.

As persoas que se acheguen á proba para gozar da mesma ou animar aos deportistas entrarán no sorteo de dous maillots oficiais da competición. Quen desexe participar deberá subir ao seu Instagram unha foto do paso de pelotoón e compartila no mesmo día co cancelo ograncamiñocarballo, ademais de etiquetar a conta do Concello de Carballo @carballomola. Os perfís deberán estar públicos.

O Gran Camiño anticipa unha tempada de grandes citas co ciclismo no concello de Carballo, onde «temos a sorte de contar con varias entidades que promocionan a práctica deste deporte», sinalan desde o goberno local. A principal novidade do 2022 será a Ultramaratón Costa da Morte, organizada polo Club Ciclista Monteneme e o Concello de Carballo, que forma parte da Copa de España de BTT XC Ultramaratón. Disputarase o 18 de xuño coa participación de ciclistas de todo o territorio nacional.

Avance do calendario:
• 21 de maio. Trofeo Concello de Carballo 2022. Club Ciclista Carballo.
• 18 de xuño. Ultramaratón Costa da Morte. Club Ciclista Monteneme.
• 26-28 agosto. IV Challenge Júnior Carballo. Club Ciclista Carballo.
• 27 agosto. Trofeo Júnior Carballo. Club Ciclista Carballo.
• 2 de outubro. XIX Marcha Costa da Morte. Club Ciclista Monteneme.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?