A vila de Malpica vive un gran ambiente coa chegada da súa XII Feira Mariñeira, que se celebra do 14 ao 17 de agosto cun total de 30 postos de artesanía e alimentación, ademais dunha ampla programación de actividades para todas as idades. O mercado abrirá cada día de 11.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas, ofrecendo artesanía, produtos gastronómicos, xogos tradicionais e animación continua.
Durante os catro días, veciños e visitantes poderán atopar nas rúas xogos tradicionais, barca pirata, cama elástica, pulpeira e zona infantil, ademais dunha completa oferta de música, obradoiros e espectáculos de lume.
O mercado abriu este xoves ás 11.30 h, e pouco despois as rúas enchéronse co pasarrúas pirata e “O Capitán sen barco”.
Pola tarde, o ambiente continuaba con máis propostas para todos os públicos:
- 18.00 h – Piratas de Turdión e “O Pescador de Soños”
- 19.00 h – Melodías piratas
- 19.00 h – Obradoiro de esgrima “Aprende a loitar como un corsario” (nenos de 6 a 11 anos)
- 20.00 h – Melodías piratas e “O mariñeiro zancudo”
- 22.00 h – Espectáculo de lume
O mercado manterá o seu horario habitual durante toda a feira, de 11.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas, ofrecendo produtos únicos, xogos tradicionais, barca pirata, cama elástica e pulpeira.
A programación continuará ata o 17 de agosto, cunha oferta chea de música, contos corsarios, pasarrúas, actividades infantís e espectáculos nocturnos que fan da Feira Mariñeira de Malpica unha cita imprescindible do verán.
18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
19:00 – Contos corsarios
20:00 – Melodías piratas
22:00 – Sons de Turdión
Venres 15
12:00 – Pasarrúas piratas e Capitán sen barco
14:00 – Melodías piratas
18:00 – Piratas de Turdión e o Pescador de Soños
20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
22:00 – Espectáculo de lume
Sábado 16
12:00 – Pasarrúas piratas
19:00 – Obradoiro de esgrima (6-11 anos)
20:00 – Melodías piratas e mariñeiro zancudo
22:00 – Espectáculo de lume
Domingo 17
14:00 – A bordo cos piratas
18:00 – Sons de Turdión
18:30 – Pintacaras e tattoos
20:00 – Melodías corsarias
21:30 – Piratas de Turdión
Malpica acolle mañá XVI Festa Galega os días 15 e 16 de agosto de 2025
O porto de Malpica de Bergantiños, na zona do Travelift, converterase de novo no epicentro da música e tradicións de Galicia coa celebración da XVI Festa Galega, unha cita que cada verán reúne a artistas, agrupacións e amantes da cultura popular.
O evento desenvolverase durante dúas xornadas, o venres 15 e o sábado 16 de agosto, con actuacións que combinarán música tradicional, cantareiras entre outras propostas.
Programación
Venres 15 de agosto
- 21:30 h – Cantareiras ACD Carcaxía
- 22:00 h – Cantareiras AC Malante
- 22:30 h – Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
- 00:15 h – Alana
Sábado 16 de agosto
- 22:00 h – Cantareiras AC Raigañas
- 22:30 h – Do Rivés
- 23:00 h – Mercedes Peón co espectáculo Ingrávida
- 00:15 h – Tanto Nos Ten
A XVI Festa Galega está organizada polo Concello de Malpica de Bergantiños e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e outras entidades.
Con entrada libre, esta cita é unha oportunidade única para gozar da música en directo á beira do mar, mergullarse nas raíces culturais galegas e compartir momentos festivos nun ambiente aberto a todos os públicos.