A xornalista Julia Otero anuncia que padece cancro

1 minutes read

Julia Otero, directora e presentadora de «Julia en la onda» anunciou este luns ao comezo do seu programa en Onda Cero que permanecerá algunhas semanas afastada dos micrófonos para someterse a un tratamento oncolóxico. Julia explicou que «o martes pasado nun control rutineiro, deses que todos temos que facernos, chegou a sorpresa. Nun rinconciño apareceron células egoístas, como as chama o doutor López Otín». «A palabra cancro dá medo, pero estou a aprender a pronunciala en primeira persoa desde fai seis días», sinalou a xornalista que engadiu que «non é fácil, pero aí estamos. Ás cousas hai que chamalas polo seu nome». Nada máis coñecerse a noticia, a rede social Twitter encheuse de mensaxes de ánimo e agarimo coa xornalista, como o enviado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quen lle desexa «moita forza» e expresou os seus «mellores desexos para unha pronta recuperación que che permita volver á primeira liña da radio. A túa voz é indispensable no mundo do xornalismo». Durante o tempo que Julia Otero estea afastada dos micrófonos, Carmen Juan, xunto co equipo habitual de redactores e colaboradores do programa, permanecerá á fronte de «Julia en la onda».