A Xunta aborda cos turoperadores a importancia do Seguro Coronavirus para recuperar a confianza no sector

Hotel Nagari Vigo.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión por videoconferencia con representantes da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega), na que lles informou da inminente publicación das novas axudas exclusivamente creadas para a turoperación galega e dotadas con 3,6 millóns de euros así como da posta en marcha este trimestre dun seguro coronavirus, dotado con 1,4 millóns de euros, como medidas de apoio á turoperación e ás axencias de viaxe para inxectar liquidez a estes negocios.

Trátase en ambos casos de dúas accións incluidas no Plan de choque para o sector turístico ao que a Xunta destina 37,5 millóns de euros e que tamén inclúe a renovación dos programas de incentivo do consumo Bono Turístico e Elixe Galicia, cun investimento de 6 millóns de euros e 1,3 millóns respectivamente, coas que tamén se busca incentivar o consumo e, por tanto, apoiar ao sector turístico e, nomeadamente, a colectivo da turoperación.