O conselleiro de Presidencia Xustiza e Deportes, Diego Calvo, vén de reunirse co alcalde de Outes, Francisco Calo, para escoitar as principais necesidades do municipio e avaliar posibles vías de colaboración no marco do compromiso da Xunta coas entidades locais.
Entre os asuntos tratados, avaliouse a posibilidade de levar a cabo melloras nas instalacións municipais nas que adestra o club de tenis Portosiavo.
Así, o Goberno galego mantén un compromiso claro coas entidades locais para facilitarlles a prestación de servizos municipais de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia.
Do mesmo xeito, a Xunta aposta con iniciativas como as executadas ou previstas en Outes polo fomento dunha vida activa e saudable entre a poboación ao facilitar o acceso á práctica regular da actividade física.