Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

1 minutes read

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu o xuízo do home acusado por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba, ao que lle asestou tres puñaladas.  O acusado, Heriberto Espinel, declarouse culpable, aceptou as peticións de fiscalía despois de modificalas e pediu unha pena de prisión de cinco anos e un día. Os feitos ocorreron en xullo de 2024, cando tras unha discusión na vivenda compartida o procesado, con ánimo de matar o seu compañeiro, cravoulle un coitelo nas costas en tres ocasións. A Fiscalía tamén solicita que sexa expulsado de territorio español durante 10 anos unha vez o acusado solicite o terceiro grado. O Tribunal prohíbelle aproximarse á vítima, ao seu domilicio e lugar de traballo, a unha distancia non inferior a 500 metros, así como comunicarse con el por ningún medio durante seis anos. Ademáis condénao a facerse cargo das costas do xuízo e, en canto á responsabilidade civil, impóñenlle o pago dunha indemnización á vítima de 2.641 euros por lesións e outros 1.277 euros polas secuelas.