A Xunta afirma que garante 50 M€ para o segundo rescate a autónomos, microempresas e hostalería

1 minutes read

Así o trasladaron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; tras participar nunha reunión en Santiago de Compostela co presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e con representantes das deputacións provinciais para abordar un plan consensuado de axudas para o sector.

Intervención do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.

Rueda incidiu na importancia de continuar co diálogo coas administración para que na reunión convocada para o mércores se alcance un consenso e que “os sectores afectados poidan coñecer a cantidade global a súa disposición e poidan empezar a percibir as axudas o antes posible con independencia da orixe dos fondos e concentradas nunha solicitude única”.