A Xunta anuncia un bono deportivo de 120 euros para menores de 6 a 16 anos

1 minutes read

O goberno galego anunciou que incluirá entre as medidas dos orzamentos para o próximo ano un bono de 120 euros destinado a actividades deportivas para os menores de entre 6 a 16 anos. Nun acto de inicio do curso político, co lema de “Feitos, obxectivos, futuro”, explicou que se trata dunha axuda para a práctica do deporte de todos aqueles nenos e nenas federados que servirá tanto para comprar material deportivo, como para acudir a actividades. Segundo as previsións da Xunta, esta medida, que entrará en vigor en xaneiro cos orzamentos autonómicos, beneficiará a uns 135.000 alumnos.

Esta presentación, encabezada por Alfonso Rueda, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, contou coa participación de todos os conselleiros e conselleiras. Coa perspectiva das eleccións autonómicas, que deben celebrarse o ano que vén, Rueda tenta atraer os focos tras un verán dominado por Feijóo e Sánchez a menos dun ano para as eleccións galegas.

Rueda tamén avanzou este luns que o próximo ano a Xunta manterá conxeladas as peaxes das dúas autoestradas da súa titularidade, a AG-55 A Coruña-Carballo e a AG-57 Vigo-Val Miñor. En 2022 a Xunta subiu as peaxes desas dúas autoestradas un 2,5% malia que a inflación fora maior e asumiu con fondos públicos a diferenza. Este 2023 decidiu asumir con fondos dos orzamentos toda a suba prevista pola inflación, superior ao 10%. E agora esa decisión prorrogarase tamén a 2024.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?