A Xunta aproba axudas a bateeiros que tiveran que parar o ano pasado pola toxina

1 minutes read

A Xunta acaba de aprobar axudas por medio millón de euros para os bateeiros que tivesen que suspender a actividade durante máis de catro meses por presenza de toxina. Este mércores o conselleiro do Mar visitou os bateeiros de Combarro. As axudas, que está previsto que saian o venres no DOG, van dirixidas a mitigar as perdas por mor de episodios de toxinas durante máis de catro meses consecutivos no ano pasado. Esta liña, dotada con 500.000 euros, busca dar resposta á situación excepcional vivida o ano pasado en deteminadas zonas onde se detectou de xeito recorrente a presenza de toxinas lipofílicas ou paralizantes, que, segundo o Intecmar, afectaron sobre todo en Bueu e Portonovo.