A Xunta aproba de forma inicial o plan básico municipal de Dozón

1 minutes read

Trátase de dotar a este municipio pontevedrés dun instrumento eficaz de ordenación do territorio, tal e como subliñou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva. Este Plan Básico Municipal establece un total de 55 núcleos rurais, dos que 46 son tradicionais; 2, comúns, e 7 combinan ambas condicións. A maiores, o plan tamén identifica e cataloga os 164 elementos do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnolóxico, dos que 2 están declarados Ben de Interese Cultural.