A Xunta aproba o anteproxecto de Lei do litoral

1 minutes read

A Xunta de Galicia deu o visto e prace este xoves ao anteproxecto de Lei de ordenación de litoral de Galicia, co que espera converterse na «primeira comunidade» en regular esta franxa costeira fronte á normativa do Goberno central, que considera que só achega «inseguridade xurídica».

Así o asegurou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras a reunión semanal do Consello de goberno, na que lembrou que Galicia reclamou ao Estado a xestión do seu dominio público marítimo-terrestre e «non ten resposta». A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegurou na mesma comparecencia de prensa que esta normativa ten dous principios inspiradores: «regular a franxa litoral desde Galicia» e «dar seguridade xurídica aos titulares de instalacións que licitamente están en dominio público».

Deste xeito establece por primeira vez «actividades estratéxicas» na costa, entre elas os establecementos da cadea mar-industria, centros de investigación científico ou establecementos de turismo que se sitúen en inmobles preexistentes con valor cultural, entre outros.

Agora o anteproxecto vaise someter a información pública durante 30 días, antes de ser aprobado polo Consello de la Xunta no primeiro trimestre de 2023 e iniciar a súa tramitación parlamentaria para ser aprobada o próximo ano.