Quedan desatendidas as alegacións presentadas polo BNG e o Concello de Carballo, dado que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación outorgou a autorización administrativa previa e de construción para a instalación do parque eólico de Monte Neme, situado entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños. Este parque está promovido por Enel Green Power España e constará de 3 aeroxeradores de 115 metros de altura e 170 metros de diámetro de rotor, cunha potencia total instalada de 18 megawatts e unha potencia máxima evacuable de 16 Mw. Cabe destacar o gran impacto visual, ambiental e paisaxístico que terá este parque, ademais dunha probable afectación aos sistemas punto a punto das telecomunicacións situadas no Monte Neme, dado o alto das torres e o seu diámetro de rotor.
30