A Xunta coñece en Val do Dubra o programa formativo terapéutico no que colabora o Proxecto Home

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, visitou este xoves as instalacións do Proxecto Home Galicia-Fundación Monte de Gozo no lugar de Cernadas, dentro do concello coruñés de Val do Dubra.

A visita tivo por obxecto coñecer de primeira man as actuacións nas que colaboran ambas partes en relación co programa educativo terapéutico desenvolvido pola Fundación e financiado pola Xunta. Este programa céntrase en materias vinculadas á actividade agraria, máis concretamente nos eidos da iniciación á horticultura, fruticultura, cultivos intensivos baixo abrigo, instalacións para cultivo de horta e técnicas de rega, fertilización en invernadoiros e compostaxe. No encontro tamén se avaliaron posibles vías de cooperación futura sobre formación agraria.

Related posts

Medio Rural anunciou en Mazaricos que pagará en decembro a maior parte das axudas directas da PAC

O Teatro Colón da Coruña acollerá en novembro a segunda edición de ‘Músicas posíbeis’

MercaNaVila superou as 30.000 descargas nas primeiras 72 horas da campaña