A Xunta decide reunirse para abordar a situación do ocio nocturno

0 minutes read

O Goberno galego convocou aos representantes do ocio nocturno para unha reunión telématica o xoves, ante o malestar que provocou o novo peche dos seus locais, decretado desde a madrugada do luns. Segundo o sector, esta medida pón milleiros de negocios nunha situación crítica. Por iso lle van pedir á Xunta que intermedie ante o Goberno central, para que prorrogue os ERTES o tempo que sexa necesario, e aprobe axudas para que poidan seguir pagando os alugueiros dos locais o tempo que teñan que permanecer pechados.