O valor de Galicia como destino enogastronómico de excelencia, en Fitur

1 minutes read

O stand galego acolleu a presentación de “Galicia ao natural” e “Galicia destino sostible: un turismo comprometido”, e contou coa presenza dos delegados territoriais da Xunta da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra; do presidente do Clúster de Turismo e de alcaldes de diversos concellos e profesionais do sector turístico.

A directora de Turismo, Nava Castro, salientou a potencialidade do destino Galicia e expuxo que na actualidade, a comunidade está a vangarda do que se está a demandar no eido turístico, que son lugares abertos e en contacto coa natureza.

Neste senso, tamén fixo fincapé na aposta do goberno galego xunto ao Clúster por impulsar Galicia como un destino referente de turismo sostible, dando lugar á creación do Clube de Produto Galicia Destino sostible, onde se integra toda a oferta turística sostible e se busca a mellorar a competitividade neste campo.

Tamén indicou Castro a forte aposta do Goberno galego pola enogastronomía. Así, destacou que a enogastronomía, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, da súa identidade como territorio e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso para situar a Comunidade como un destino enogastronómico de primeiro nivel no mapa da excelencia cunha oferta adaptada ás novas realidades dos viaxeiros.