0
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu en Lalín á asemblea da asociación de grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia.
Neste acto, o conselleiro salientou o importante papel que desempeñan os 24 GDR galegos en ámbitos como a xestión dos fondos Leader así como, en xeral, a súa contribución á dinamización do agro na nosa comunidade. Nesta reunión tamén se estudaron as propostas e suxestións dos GDR á Consellería do Medio Rural para o Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac).