0
Redactará os plans estruturantes de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a ampliación dos parques empresariais de A Sionlla, A Estrada, Xove e Pereiro de Aguiar, así como para desenvolver o novo parque empresarial de Louredo (Mos), tal e como autorizou o Consello de Administración da empresa pública Xestur. Ademais, durante a reunión tamén se adxudicou a redacción do PEOSE correspondente ao polígono de Santa Comba. No caso de Santa Comba, Xestur adxudicou a redacción do PEOSE do parque empresarial á empresa Alfonso Botana S.L. por un importe de 192.226,65 euros, IVE incluído. Neste caso, o plan estruturante comprenderá un ámbito de 201.515 metros cadrados.