A Xunta e o Estado constituíron a anunciada comisión interdepartamental ao abeiro do Plan estratéxico do sector agrario da Limia, que ten por obxectivo mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío da comarca. Así o dixo a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, que participou nesta primeira xuntanza. Canto á Administración Xeral do Estado, estivo presente a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a área funcional de Agricultura e Pesca da Delegación do Goberno en Galicia. Todos coincidiron en que cómpre unir os esforzos das distintas administracións co obxectivo de contribuír á mellora da xestión das dexeccións gandeiras para así garantir a viabilidade do sector agrario e a calidade de vida e benestar da poboación nese ámbito territorial.
32