Goberno central, Xunta e comité de empresa instaron a Alcoa a buscar «unha solución negociada» para a planta de Cervo (Lugo), ao que a dirección respondeu que «sempre» estivo «aberta ao diálogo». «Tras unha proposta do comité de empresa, o Goberno realizará unha convocatoria de reunión para todas as partes, incluída Alcoa, para buscar unha saída negociada onde se deixou», destacou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan. Tras a primeira reunión multilateral celebrada despois de que a xustiza anulase o despedimento colectivo que pretendía aplicar a multinacional, Zan subliñou que os representantes dos traballadores tentarán «que esta negociación sexa a que chegue a bo porto», despois da errada nos últimos meses, que permaneceu bloqueada pese ao interese dun investidor privado e a oferta de mediación do Executivo central. Agora as partes quedan á espera «da resposta» da compañía e esperan «o si a un dialogo que sería un si ao mantemento da actividade e un si á Mariña».
32