A Xunta e os hostaleiros chegan a un acordo para ampliar as axudas ao sector


A Xunta de Galicia acordou cos representantes da Mesa de negociación da hostalaría de Galicia ampliar en 5 millóns ata os 17 millóns, o orzamento destinado á liña de axudas dirixidas ao sector que tivo que pechar por mor das medidas sanitarias establecidas o pasado mes de outubro. Os establecementos hostaleiros poderán percibir, neste novo escenario, contías mínimas de 6.700 euros e máximas de 9.200, no marco das liñas previstas polo Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas.

A medida adoptouse mediante a declaración firmada no curso dunha nova xuntanza que celebraron en Santiago de Compostela o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, coa Mesa de negociación da hostalaría de Galicia, representada polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e polo sector de hostaleiros, Héctor Cañete, César Clemente Sánchez-Ballesteros e José Francisco Real.

Declaracións dun representante na Mesa de negociación da hostalaría de Galicia.